RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jaime uniuse esta mañá ás tarefas de grupo

O central deportivista Jaime uniuse hoxe xoves ao adestramento co resto dos seus compañeiros.

Os Servizos Médicos agardan agora a estas próximas sesións de traballo para decidir cando Jaime poderá estar a disposición de Borja Jiménez para competir.

Así pois, unicamente o canteirán Trilli adestrouse hoxe xoves á marxe do grupo, con tarefas tamén sobre o céspede o que significa un paso adiante na súa recuperación.

Ademais do citado Trilli, Alberto, Noel e Yeremay foron esta mañá a representación de #ANOSACANTEIRA no céspede.

Un partido once contra once a case todo o campo 2 de Abegondo foi a tarefa principal do día. Como é habitual, Borja Jiménez dispuxo continuos cambios de futbolistas e sistemas. Antes, o cadro realizou un quecemento e un exercicio de posesión no campo 3.

Mañá venres, o Dépor seguirá preparando en Abegondo a visita ao Unionistas de Salamanca CF deste domingo 26 de setembro ás 12:00 no Estadio Reina Sofía (Footters). Os futbolistas están citados para almorzar ás 9:00 no comedor da instalación deportivista, para saltar ao campo a partir das 10:30 horas.