RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Jonás: ''acá estase facendo un traballo moi bo. Non se deixa nada ao azar''

  Tras os seus primeiros minutos de branquiazul, Jonás Gutiérrez, o pasado sábado en Granada, dixo estar "contento de poder debutar coa camiseta do Dépor".

Confesou que "as sensacións foron boas. Está claro que cando un vén sen ritmo de competición, vaille a custar entrar nesa dinámica un pouco máis. Pero bo, sentín moi ben e está bo ter ritmo de competencia".
 
Manifesta este internacional arxentino que "acá se está facendo un traballo moi bo. Non se deixa nada ao azar. Está a facerse moito fincapé no que quere de cada xogador, no que quere do equipo e iso estase acompañando de resultados".
 
Insiste Jonás en que Víctor "está detrás de cada detalle. Pero sabemos tamén que en fútbol os resultados son moi ingratos. Hai que aproveitar e seguir nesta liña. Non baixar os brazos, non conformarnos. Hai que aproveitar o tirón que hoxe estamos a ter de bos resultados e seguir na mesma liña e non desconcentrarnos nada".