RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Jonás sobre o encontro ante o Levante: Os primeiros compases de partido van ser moi importantes

Jonás advirtió esta tarde na sala de prensa de Abegondo sobre o Levante, próximo rival do Deportivo este sábado no Ciutat de Valencia (18.15, Canle + Liga / Abono Fútbol) que "se ves o último partido que xoga

Engade que o resultado do equipo levantinista en Mestalla (3-0) "é mentireiro. Así que nos van a pór as cousas moi difíciles, non vai estar para nada fácil. Vanse a querer facer fortes de local, ante a súa afección, regalarlles un triunfo".

Por esta razón, o internacional arxentino pide "estar concentrados, non dar nin un mínimo de relaxación nin vantaxe. Temos que estar preparados para o que vai ser unha loita".

Opina o centrocampista coruñés que "van saír con moita presión nos primeiros minutos, máis co cambio de míster, coa súa xente. Os primeiros compases de partido van ser moi importantes. Non podemos baixar a garda, estar ben fortes, aproveitar as nosas virtudes, que temos moitas, estar ben compactos para non dar vantaxes e non pór as cousas fáciles".