RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

Jonathan Rodríguez, con gastroenterite, cae da convocatoria para o partido ante o Levante

O dianteiro deportivista Jonathan Rodríguez se cayó da convocatoria para viaxar esta mañana a Valencia, por mor dunha gastroenterite.

Así pois, Jonathan queda na Coruña e serán os 19 xogadores do primeiro persoal dispoñibles, ademais dos porteiros do Fabril, David e Anxo, os que afronten o encontro de mañá sábado 7 de novembro ás 18.15 no Ciutat de Valencia ante o Levante (Canle + Liga / Abono Fútbol).

Na Coruña quedan os lesionados: Manuel Pablo, Fabricio, Manu Fernández, Lopo, Luisinho e Jonathan; e en Liverpool Luís Alberto.

Víctor Sánchez do Amo dirixirá esta tarde o último adestramento previo ao partido, ás 18.00 na cidade deportiva do Vilarreal.