RCD / NOVAS

Jone Bilbao, do Oiartzun da Liga Iberdrola, sexta fichaxe do Dépor Abanca

28/06/2017 12:13

Jone Bilbao Lotina (Fruiz-Bizkaia, 13 de febreiro de 1994), coñecida deportivamente como Jone Bilbao, é a sexta incorporación do Deportivo Abanca cara á campaña 2017-2018, a segunda temporada da historia do conxunto feminino branquiazul.

Jone Bilbao pode xogar en calquera das posicións de ataque, tanto como dianteira centro, mediapunta ou en ambos os extremos. A xogadora vasca chega procedente do Oiartzun KE, equipo no que xogou as dúas últimas temporadas, ambas as na Liga Iberdrola.

Na primeira desas campañas, a 2015-2016, Jone Bilbao foi a máxima goleadora do equipo, recentemente ascendido. No curso que acaba de concluír, o Oiartzun KE ocupou a penúltima praza, co que descendeu a Segunda División Nacional. Previamente, Jone Bilbao, que xogou nas seleccións de Euskadi Sub-14, Sub-15, Sub-16 e Sub-18, militou durante seis temporadas, entre 2009 e 2015, no Athletic Club.

Coa incorporación de Jone Bilbao, o cadro técnico deportivista comandado por Manu Sánchez xa conta con 20 futbolistas: Anita, Estefi, Miriam, María Corral, Nuria, Raquel, Tere Abelleira, Kika Moreno, Gaby García, Cris, Lía, Malena, Miga, Gere, Silvia Mérida, Peke, Patri Rúa, Iris, Laura Vázquez e Jone Bilbao.