RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jone Ibáñez, nova xogadora do Dépor ABANCA 2021-2022

Jone Ibáñez Mazo (Galdakao, Biscaia, 22 de xullo de 1997) será xogadora do Deportivo ABANCA para a Temporada 2021-2022.

A centrocampista vasca procede do Athletic Club, ao que se incorporou en 2012, aos 15 anos, despois de comezar a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Lan Bide FI e do CD Galdakao.

No conxunto bilbaíno militou nove temporadas, das que as catro últimas formou parte do primeiro equipo. Con anterioridade, disputou os seus dous primeiros cursos integramente no conxunto B e os tres seguintes alternou aparicións no primeiro e segundo equipo.

Co filial disputou un total 93 encontros, nos que marcou 31 goles. Na primeira formación, coa que debutou o 25 de abril de 2015 nun triunfo branquivermello en Paterna ante o Valencia CF (0-2), acumulou 73 partidos e 2 goles en Primera Iberdrola e outros 5 choques en Copa da Raíña.

Jone Ibáñez foi internacional coa selección española sub-19 en varias convocatorias durante o segundo semestre de 2015, aínda que finalmente non acudiu á fase final do Campionato de Europa de 2016.