RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Jorge García decide para o Cadete o seu partido ante o Pabellón Ourense CF

Un gol de Jorge García no tramo decisivo do partido valeu a vitoria (0-1) para o Cadete na súa visita ao Pabellón Ourense CF, correspondente á 5ª xornada na Fase polo Título da División de Honra.

Con este resultado, o equipo branquiazul colidera o subgrupo con 17 puntos, os mesmos que o RC Celta.

Cadete: Yago Moreira, Leandro, Hugo Torres, Adrián Vázquez, Zoe, Noé, Guerrero, Carballo, Jorge García, Janusz e Pablo Parada. Tamén xogaron: Dani Estévez, Juan Barros, Mesfin e Iker Fernández.

A próxima fin de semana, o Cadete recibe en Abegondo ao ED Val Miñor Nigrán.

Os resultados do Cadete nesta segunda fase da temporada son os seguintes:

Cadete 2 (Noe -2-) - Pabellón Ourense CF 0
ED Val Miñor Nigrán 2 - Cadete 4 (Jaime Calviño, Mesfin, Jorge García e Pablo Parada)
Cadete 4 (Jaime Calviño, Pablo Parada -2- e Guerrero) - CD Conxo Santiago 1
RC Celta - Cadete, o mércores 4 de maio ás 17:30 na Madroa (campo 1)
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 1 (Jorge García)