RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jorge Valín valora "saber refacerse e resetearse despois de cada partido" en "un mes a vida ou morte"

O canteirán Jorge Valín pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

Estas foron algunhas das súas frases.

Relación con Fernando Vázquez
"É boa. Aos poucos vai dándome máis consellos. Agora que os adestramentos son en grupo hai máis cousas que corrixir. Os primeiros entrenos eran físicos e de traballos individualizados. Agora todos xuntos, que facemos situacións máis específicas do que pode ser un domingo calquera partido, vaime dando consellos e instrucións".

Estado do equipo de cara ao comezo ligueiro
"Véxoo moi ben. Agora estamos a empezar a adestrar todos xuntos, a facer situacións máis reais do que nos podemos atopar durante os partidos. Vexo ao equipo moi ilusionado sobre todo, con moitas ganas de que empece a liga e de conseguir vitorias pronto para estar alegres todos. Fisicamente creo que traballamos estas 3, 4 semanas moi ben. Agora aos poucos empezaremos a traballar aspectos tácticos. O equipo está ben, mentalizado e con moitas ganas".

Gran oportunidade
"As condicións que se dan con esta situación si que son beneficiosas para os xogadores de canteira. Son partidos que temos 3 días de recuperación. Ninguén vai xogar todos os minutos. Haberá rotacións. Eu céntrome en traballar, en adestrar, tratar de convencer ao míster en cada adestramento e logo el decide se quere darme minutos ou non".

"A situación é propicia para que teñamos algunha oportunidade tanto os canteiráns como xogadores do primeiro cadro que non estaban a contar tanto. O que me centro é en adestrar, facelo o mellor posible, convencer ao míster e se el creo oportuno, porame ou non".

Xogar sen público
"A situación é excepcional. A ningún equipo vénlle ben esta situación. Igual nós si nos vemos algo máis prexudicados porque poucos equipos de Segunda División meten 25.000 ou 26.000 persoas cada domingo no estadio. Será algo ao que todos terémonos que adaptar. A situación é a que é, o primordial é a saúde, isto está claro".

¿Equipo preparado física e mentalmente?
"Vexo ao equipo moi ilusionado, con moitas ganas de que empece. Algo importante vai ser o factor mental. Os partidos son cada 3 días e tampouco podemos caer nin se perdemos en lamentacións e nin se gañamos en relaxación. O aspecto mental vai ser importante e creo que o equipo está moi mentalizado. É un mes a vida ou morte de tentar facer os maiores puntos posibles. Tanto mental como fisicamente traballamos moito o físico e o equipo está en óptimas condicións para competir o domingo".

Trato con Fernando Vázquez
"Trátanos como un máis. Estamos na dinámica do primeiro equipo e ten un trato como calquera outro xogador. Corríxenos cando nos ten que corrixir, dános consellos".

Dureza da pretemporada
"Está a ser dura. É moi importante a preparación física. Viñamos de 2 meses de estar cada un na súa casa. Ao final traballas o que podes pero non é o mesmo para nada que os adestramentos ou a competición. Custa un pouco fisicamente pero atópome ben. Todo o equipo, grazas aos adestramentos que fixemos, indo aos poucos coas cargas, atopámonos moi ben. A semana que vén é de competición e baixaremos un pouco e traballaremos máis táctica e preparación de partido".

Debut nas Palmas
"O míster o que quere é o mellor para o equipo. Confiou en min nas Palmas, tratei de facelo o mellor posible. E logo creu oportuno non seguir poñéndome, pero é totalmente respectable. Dediqueime a adestrar, a traballar, a facelo o mellor posible en cada adestramento. E vou facelo igual agora".

Responsabilidade como coruñés
"O obxectivo primordial meu persoal e de todos ten que ser o equipo. O obxectivo que temos por diante é moi importante. Algo de responsabilidade si que notas pero é un soño para min estar a adestrar cos xogadores do primeiro cadro. Sinto afortunado de estar aquí, un privilexiado. A traballar e a tentar conseguir o obxectivo que é importantísimo para todos, para a cidade, para o equipo, para a xente, para todos".

Factor determinante neste novo fútbol
"O aspecto físico é moi importante. Son partidos cada 3 días. E o que non estea fisicamente ou teña problemas de lesións vaino a pasar mal. Temos un cadro moi amplo. Nese sentido estamos ben. Eu mencionaba o aspecto mental porque creo que vai ser moi importante. Saber refacerse e resetearse despois de cada partido. A liga corre e son 11 partidos a vida ou morte nun mes. Se perdes non te podes lamentar e se ganas tampouco podes caer na relaxación. Necesitamos puntos nós, que estamos aí abaixo".