RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

José Luis Martí afánase nos detalles e aproveita cada minuto en traballo táctico e de estratexia

Con apenas dúas sesións de preparación do partido deste mércores en ABANCA-RIAZOR ante o Málaga CF (21:00 horas, Movistar Partidazo), correspondente á ida da primeira eliminatoria de ascenso a LaLiga Santander, José Luis Martí aproveita cada minuto que os seus futbolistas están sobre o céspede de Abegondo con traballo táctico e de estratexia.

Con estas últimas sesións que non adoitan superar os 75 minutos de duración debido ao avanzado da temporada, o técnico deportivista arrancou esta mañá, após un quecemento, cun traballo táctico e ensaio de accións a balón parado co equipo dividido en dous grupos, nos campos 2 e 3 da Cidade Deportiva.

Un partido 11 contra 11 puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede, hoxe tamén cos canteiráns Víctor, Valín; e os porteiros Ricardo Benjamim e Alberto.

Martí non deixou de dar instrucións aos seus xogadores, consciente de que un mínimo detalle pode decantar a eliminatoria dun lado ou outro.

Esta mañá quedaron no ximnasio, con adestramento específico: Eneko Bóveda e Dani Giménez, ademais de Vítor Silva e Krohn-Dehli.

Mañá martes, o cadro está citado ás 11:00 horas en Abegondo.