RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

José Luis Martí arranca con todo o seu cadro, fóra de Krohn-Dehli

O Deportivo, hoxe co meta xuvenil Alberto, arrancou esta mañá a semana de preparación do encontro ante o Real Mallorca en ABANCA-RIAZOR, previsto para o luns 27 (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

José Luis Martí dispuxo de todo o cadro no campo, fóra de Krohn-Dehli, que segue co seu plan de readaptación física.

Após un quecemento con e sen balón, os futbolistas realizaron unha tarefa de posesión e un partido a medio campo para concluír o traballo sobre o céspede, no que xa non participaron Álex Bergantiños, Fede Cartabia, Edu Expósito e Carlos Fernández, tal e como estaba programado polos Servizos Médicos.

Mañá xoves, o cadro está citado de novo en Abegondo ás 11:00 horas.