RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

José Luis Martí ensaia o plan para o domingo no Anxo Carro

José Luis Martí incidiu esta mañá no traballo táctico no adestramento do primeiro equipo en Abegondo, hoxe ademais co fabrilista Víctor e co meta xuvenil Alberto.

O técnico deportivista tivo ao seu cadro sobre o céspede, a excepción do internacional danés Krohn-Dehli, con traballo de readaptación.

Após un quecemento, os futbolistas realizaron un roldo con presión no campo 3.

A continuación, Martí dispuxo de dous partidos 11 contra 11, con paradas constantes para impartir instrucións, de acordo co plan para o choque deste domingo 19 de maio no Anxo Carro de Lugo (20:00 horas, Movistar Partidazo).

Álex Bergantiños non participou no último partido, de acordo ao programado cos Servizos Médicos.

Mañá venres, o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR, a partir das 11:00 horas.