RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

José Manuel Rodríguez recibe a insignia de ouro e brillantes do RC Deportivo após 50 anos traballando no Club

Un dos momentos máis emotivos da Gala de Entrega de Insignias de Prata desta temporada, celebrada un ano máis en Palexco, foi o recoñecemento, após a súa recente xubilación, a José Manuel Rodríguez Barbeito (A Coruña, 12 de febreiro de 1957). O presidente Antonio Couceiro fíxolle entrega da máxima distinción do Club: a insignia de ouro e brillantes do RC Deportivo.

José Manuel traballou toda a súa vida no RC Deportivo, desde que comezou con 15 anos na antiga sede do Club en Santa Catalina, até a súa xubilación este ano, 50 despois. Empregados, presidentes, directivos e afeccionados viron durante décadas como aquel neno que comezou facendo recados para a entidade converteuse nun dos rostros máis anónimos para o gran público pero máis reconocibles para os miles de Deportivistas que cada temporada pasaron polos despachos de billetes da Mariña, o Palacio dos Deportes ou a Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O RC Deportivo quere agradecer a José Manuel a súa entrega en toda unha vida dedicada ao Club e, sobre todo, desexarlle que disfute coa súa familia e amigos dunha máis que merecida e traballada xubilación. Grazas compañeiro, grazas Deportivista!