RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

José Rey debutou ante Xapón como titular na selección española sub-16

- Foto: @SEFutbol -

Xapón foi o segundo rival de José Rey e a selección española sub-16 este mediodía na 2ª xornada do Torneo Internacional Football Federations Cup.

Nesta ocasión, José Rey foi titular e debutou así con este combinado nacional. Foi relevado no minuto 56 por Reyes. O choque acabou en igualada (0-0) a pesar das numerosas oportunidades gozadas polos hispanos, que tamén foron mellores que os seus rivais nos penaltis: 3-1.

Este resultado clasifica a España para a final do torneo, o domingo 27 de novembro ás 11:00 no Estadio Guillermo Amor de Benidorm, ante o vencedor da semifinal entre Bélxica e México.

O pasado mércores, o cadete deportivista non tivo minutos ante Estados Unidos na 1ª xornada, que se saldou con triunfo dos españois na quenda de penaltis (4-2) após chegar ao final do tempo regulamentario con igualada (2-2).

José Rey pertence ao cadro do Cadete que lidera a División de Honra con 5 puntos de vantaxe sobre o 2º clasificado, o RC Celta. Esta temporada, suma 4 goles.

Precisamente a consecuencia desta citación internacional, o atacante será baixa obrigada este domingo 27 (11:30) no encontro ligueiro do seu equipo en Abegondo ante o ED Xuventude de Oroso.

Desta forma, #ANOSACANTEIRA volve estar no punto de mira das categorías inferiores da selección española porque recentemente o dianteiro do Xuvenil A Kevin Sánchez participou coa sub-18 en dous partidos amigables ante Suíza na Ciudad del Fútbol de Las Rozas.

Os resultados da selección española sub-16 nesta concentración de Alfaz del Pi son os seguintes:

Mércores 23 de novembro
ESPAÑA 2 - ESTADOS UNIDOS 2. A penaltis: 4-2

Venres 25 de novembro
ESPAÑA 0 - XAPÓN 0. A penaltis: 3-1

Domingo 27 de novembro
Final
11:00: ESPAÑA - BÉLXICA ou MÉXICO, no Estadio Guillermo Amor (Benidorm)