Joselu, Andone, Miriam e Elvira asinan autógrafos mañá en Marineda City
Os xogadores do Deportivo Joselu e Florin Andone; e as futbolistas do Dépor Feminino Miriam e Elvira asinarán autógrafos mañá venres 16 de decembro na caseta do Club na praza elíptica de Marineda City.
O acto será de 19.00 a 19.30, despois de que visitasen a Deportienda no citado centro comercial.