RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Joselu e Álex Bergantiños lembran que falta o partido de volta en Riazor

Joselu e hoxe o capitán Alex Bergantiños atenderon aos medios de comunicación ao finalizar o partido de ida dos dezaseisavos de final da Copa do Rei, esta noite en Sevilla. Os dous xogadores coinciden en apuntar que o partido de volta en Riazor o próximo 21 de decembro será definitivo.

O dianteiro, que reaparecía tras superar a súa lesión de xeonllo, confesou estar "moi contento de volver pisar un terreo de xogo e de volver ter minutos". Subliña Joselu que hoxe "todo respondeu ben. Esperemos que siga todo así".

Do encontro, advirte que "agora temos a volta en Riazor, outro partido completamente diferente. Hoxe o resultado nin fu nin fa, 1-0 que é unha derrota, pero está a eliminatoria moi aberta".

Pola súa banda, o capitán Alex Bergantiños, que esta noite disputou os seus primeiros minutos oficiais nesta tempada, opina que "a segunda parte xogámola no campo do Betis. Tentámolo. Tivemos tres ou catro opcións claras".

Por este motivo, asegura o mediocentro coruñés que "nos imos coa sensación de pouco premio por non marcar gol".

No entanto, advirte Álex que "o daremos todo para darlle a volta á eliminatoria en Riazor".