RCD / NOVAS

Joselu e Sidnei retiráronse do encontro a consecuencia de problemas físicos

  O dianteiro deportivista Joselu viuse obrigado a retirarse do partido na primeira parte a consecuencia dunhas molestias no seu xeonllo dereito tras recibir unha dura entrada. Pola súa banda, unhas molestias musculares na parte posterior da coxa dereita obrigaron a Sidnei a retirarse do terreo de xogo na segunda metade do encontro ante o Athletic.  

11/09/2016 21:52

Os Servizos Médicos do Club realizarán nos próximos días probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto destas lesións.

Máis novas de: SIDNEI, JOSELU