RCD / NOVAS

Joselu, Guilherme e Sidnei, á marxe do grupo hoxe venres

10/03/2017 13:41

Tres futbolistas adestráronse esta mañá á marxe do grupo: Joselu, Guilherme e Sidnei.

Os dous primeiros estiveron ás ordes do readaptador, Fran Molano; o dianteiro galego debido a unhas molestias na súa ingua dereita, pendente da súa evolución nas próximas horas.

Sidnei tivo tratamento de fisioterapia. O central está pendente de diagnóstico, unha vez realizadas xa as probas médicas á primeira hora desta mañá na súa ingua esquerda.

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista a pouco máis de 48 horas do partido ante o FC Barcelona en Riazor (domingo 12 de marzo ás 16:15, Bein Sports).