RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jovanović regresa a unha lista de 20 futbolistas para recibir mañá ao Real Zaragoza en ABANCA-RIAZOR

Luis César citou a 20 futbolistas, entre eles o canteirán Mujaid, para recibir ao Real Zaragoza en ABANCA-RIAZOR mañá domingo 8 de decembro (16:00 horas, #Vamos).

A novidade na citación é o regreso de Jovanović, xa recuperado da lesión muscular que o mantivo apartado do equipo nos últimos partidos.

Luis César vaticina mañá un once "non moi distinto" ao do pasado domingo en Lugo. "Pode haber algún cambio", advertiu en rolda de prensa.

Quedan fóra da convocatoria por lesión David Simón, Christian Santos e Salva Ruiz, do que o técnico deportivista considera "prematuro" a súa volta, a pesar de que o lateral valenciano leva un par de sesións completas co grupo.

No adestramento desta mañá, tamén co fabrilista Gandoy, o técnico deportivista, após un quecemento con xogos de velocidade e rondos, dispuxo un partido 11 contra 11 no campo 2, facendo especial fincapé en accións a balón parado.

Os convocados concéntranse esta tarde no Hotel Meliá María Pita ás 20:30 horas.

Tralo encontro ante o Real Zaragoza, o cadro está citado de novo o martes ás 9:30 en Abegondo para almorzar e adestrar a partir das 11:00 horas. O luns 9 haberá xornada de descanso.