RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juan Domínguez advirte que o luns 'non se nos poden escapar o tres puntos'

Juan Domínguez aseguró esta mañana en rolda de prensa que o partido ante o Elxe en Riazor deste luns 15 de decembro (20.45 horas) é "importantísimo. Non se nos poden escapar o tres puntos. Temos que saír a gañar sabendo qu

Un dos capitáns do equipo cre que nestes momentos "o ideal é que a xente se centre en animar ao Deportivo. Se teñen que expresarse como sempre tanto cos xogadores como coa directiva ou co que sexa, si para nós sería unha axuda que fose ao terminar o partido ou noutro momento. Pero durante o partido necesitamos o apoio da afección, que é moi importante para nós, para que o noso rendemento mellore, para que nos dean ese empuxón que nos axuda moitas veces a gañar os partidos. E éso agradeceriámolo moito. Quitando de pedir que non se expresen, que non é éso. Pero si no momento adecuado, polo ben de todos, do Deportivo e de poder conseguir a vitoria o"luns .

Respecto da súa renovación, Juan Domínguez reiterou, como cada vez que comparece ante os medios informativos, que "as dúas partes queremos chegar a un acordo. Quedan cousas por falar e reunións por facer", puntualiza.