RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juan Domínguez asegura que o persoal deportivista está 'totalmente centrada' na Real Sociedade

Un dos capitáns do Deportivo, Juan Domínguez, manifestó esta tarde na sala de prensa de Abegondo que ao persoal deportivista "o que nos importa é a Real Sociedade, o partido do sábado. E é no que estamos totalmente centrados. Non

Define a situación de Luisinho como "persoal e privada, que incumbe a Luisinho, ao míster e ao Club. É unha situación que están a arranxar eles e que os demais tampouco temos nada que opinar respecto diso".

O centrocampista coruñés, do mesmo xeito que Víctor Sánchez do Amo onte, reiterou a petición de desculpas á afección: "A imaxe non foi nada boa e non pode volver ocorrer. Ese día está xa resolto e a nosa mente está xa posta no partido do sábado. E ese tema é algo privado de Luisinho".

Insiste o '10' branquiazul que "todas as decisións que se toman son sempre a favor do equipo e en beneficio do equipo. Se nós non temos dúbida de éso, non temos que darlle volta a nada. Todo o que se fai é para favorecer ao persoal e para que o Deportivo estea o mellor posible. Non estamos preocupados respecto diso, só centrados no partido do fin de semana, que é o importante".