RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juan Domínguez baixa para o partido de mañá venres en Viveiro

Juan Domínguez se lastimó esta tarde no recto anterior do cuádriceps dereito. Foi ao lanzar un penalti, xa ao final da sesión desta tarde na Magdalena. O centrocampista coruñés non se adestrará co grupo ma&

Por conseguinte, Juan Domínguez non xogará mañá venres ás 19.30 horas no campo de Cantarrana de Viveiro ante o cadro local, no primeiro amigable do verán para o Deportivo. Tampouco estarán sobre o céspede viveirense Rubén Pérez e Andrés Gardado, os dous recentemente incorporados á concentración de Vilalba.
 
A Xunta Directiva do Viveiro estableceu que os adultos paguen 10 euros por ver o partido. Para os nenos, ata 14 anos, a entrada custa 3 euros.