RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juan Domínguez, con gastroenterite, non se adestrou na primeira sesión do Deportivo

Juan Domínguez, afectado dunha gastroenterite, non se puido adestrar na tarde do martes co primeiro equipo. A sesión foi sóo pola tarde no Mundo do Fútbol. Juca, Desmarets, Antonio Tomás, Raúl, Lopo e Urreta compl

Mañá mércores haberá dobre quenda de adestramento (mañá _10.00 horas_ e tarde); do mesmo xeito que o xoves, considerando o partido ante o Pontevedra ás 20.00 horas como unha sesión máis de adestramento; e o venres. O sábado será só pola mañá e o domingo haberá xornada de descanso. "O partido do Pontevedra vainos a vir ben. Era unha das moitas peticións que ten o Club encima da mesa e aproveitaremos a semana para aumentar o volume de traballo", explicou Miguel Anxo Lotina en rolda de prensa.

Falou o adestrador deportivista da chegada dun lateral zurdo e un dianteiro. Confesou que o lateral "vai máis avanzado". Non así o dianteiro: "Aquí imos con tranquilidade porque non é fácil superar o nivel dos que temos. Os que nos gustan son moi caros e os máis alcanzables non nos acaban de convencer".

Insistiu en que a pretemporada marcha "ben", auque recoñeceu estar "preocupado" pola falta de gol de equipo e "contento porque damos moi poucas opcións de ataque aos rivais".