RCD / NOVAS

Juan Domínguez presentou esta tarde en Carrefour de Alfonso Molina os novos perfumes do Deportivo

Un dos capitáns do primeiro equipo, Juan Domínguez, acompañado polo Director Comercial do Club, Ignacio Dopico, presentaron esta tarde no establecemento de Carrefour de Alfonso Molina na Coruñaos novos perfumes do Deportivo, un agasallo ideal para estas datas navideñas.

22/12/2014 23:52

Ao acto asistiron ademais Francisco Couso, director do centro, e Manuel Candal, de Arume, empresa coa licenza oficial deste produto.

Ignacio Dopico agradeceu publicamente a presenza de Juan Domínguez "na única semana de vacacións que teñen os futbolistas durante a tempada"; mentres que o '10' branquiazul mostrouse "encantado de colaborar, de axudar, e máis con todo o que leve o escudo do Club".

Para concluír, Juan Domínguez asinou postais e fotografouse con todos os afeccionados presentes en Carrefour.

Máis novas de: JUAN DOMÍNGUEZ

RCD / Noticias Relacionadas