RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juan Domínguez recolleu o seu galardón en Fútbol Draft '10

O deportivista Juan Domínguez recogió onte luns no Estadio Santiago Bernabéou o seu galardón na gala do Fútbol Draft, que premia aos mellores xogadores da canteira desde os 16 aos 20 añvos. Este premio significa q

Juan Domínguez, que acaba de asinar o seu contrato profesional co Deportivo ata xuño do ano 2013, levou o bronce na posición de mediocentro dereito. Nesta demarcación, o ouro foi para Parello (Xetafe) e a prata para Raúl Baena (Espanyol).

Por outra banda, o Xuvenil A disputará o vindeiro domingo 6 de xuño ás 12.00 no Estadio de San Mamés a volta de cuartos de final da Copa do Rei ante o Athletic Club. Na ida, celebrada o pasado domingo no Mundo do Fútbol, gañou o Dépor (1-0).

E mañá mércores hai dous partidos de categorías inferiores con representación deportivista. En infantís arrinca o Campionato Galego, Copa Centenario. O Infantil A recibe ao Areosa a partir das 19.00 no Mundo do Fútbol. E en alevíns, o Alevín A visita ao Laracha tamén a partir das 19.00 horas en partido pertencente á liga Comarcal de fútbol once. O choque será no Municipal larachés.