RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juan Domínguez: 'Sabemos rendibilizar ben o marcador cando nos pomos por diante'

Juan Domínguez reconoció esta mañana na sala de prensa de Abegondo que "co estilo de xogo que temos ás veces non xeramos moitas ocasións, pero non é porque non queiramos. Sí sabemos rendibilizar moi ben o marcador cando no

Eloxiou esta mañá ao Real Madrid Castela, rival do Deportivo este sábado (18.15, A Sexta) en Valdebebas. "Son xogadores con talento, novos e con ilusión. Case todos teñen talento dabondo para facerche dano", explicou.

Lamentouse Juan Domínguez das baixas do equipo. "Non estamos a ter sorte. Temos moitas lesións recentes. Pero xa pasamos por situacións similares e normalmente sobrepómonos. Hai que estar coa xente que estea dispoñible que é igual de boa cos demais", sostén.

Preguntado sobre Luisinho, Juan Domínguez cualifícao dun xogador "importante, que nos dá moitas cousas. É unha boa noticia que poida volver estar connosco".