RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juan Rodríguez: A afección merécese dunha vez por todas vernos gañar

O deportivista Juan Rodríguez manifestó esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol que o Deportivo "non pode saír a empatar a ceros ante o Espanyol porque iso sería ir para atrás". O mediocampista

Juan Rodríguez manifestou que "o equipo é consciente da situación na que estamos. Por iso aínda que esta noite pasémolo ben coas nosas familias, mañá pola mañá hai que vir xa pensando no partido de Copa do Rei".

Respecto do seu balance do ano, Juan Rodríguez definiuse como "un guadiana. Xogo algunha vez pero non con regularidade. De todos os xeitos eu non me resigno a esa situación e cada día adéstrome a lume de biqueira para ser titular todos os partidos".