RCD / NOVAS

Juan Rodríguez gaña con España sub-18 a Copa do Atlántico

01/02/2020 10:11

Foto: - www.sefutbol.com - 

Dous canteiráns, Juan Rodríguez e Mella, están concentrados estes días coas seleccións españolas sub-18 e sub-15 respectivamente.

Onte venres, Juan adxudicouse a Copa do Atlántico ao derrotar a México (6-0) no terceiro e último partido do torneo. Mella xoga hoxe sábado ante a República Checa en Murcia.

Juan Rodríguez e a sub-18, campións nas Palmas

O xuvenil Juan Rodríguez disputou con España sub-18 a 46ª edición da Copa do Atlántico, que se celebrou na illa de Gran Canaria desde o pasado martes 28 de xaneiro.

A última cita da selección foi onte venres fronte a México, no campo anexo ao Estadio Gran Canaria.

Os españois golearon (6-0) aos mexicanos que e proclamáronse campións. Juan Rodríguez arrincou no banco e saltou ao céspede no minuto 62, en substitución de Gelardo.

O mércores ante Xapón, segundo partido e segunda vitoria de España (2-0). O defensor deportivista disputou a segunda metade completa ao substituír a Jose Martínez.

O pasado martes, Eslovaquia foi onte o primeiro rival do combinado nacional no Municipal de Maspalomas.

Juan Rodríguez foi titular e xogou a primeira parte dun encontro que acabou con triunfo hispano (2-0). No descanso foi substituído por Gelardo.

O canteirán branquiazul tivo estes resultados no combinado que dirixe o exdeportivista Pablo Amo:

Martes 28 de xaneiro
ESPAÑA 2 - ESLOVAQUIA 0

Mércores 29 de xaneiro
ESPAÑA 2 - XAPÓN 0

Venres 31 de xaneiro
ESPAÑA 6 - MÉXICO 0

O regreso á Coruña será hoxe sábado 1 de febreiro, co tempo xusto para a seguinte cita ligueira do Fabril, o domingo 2 de febreiro ás 17:00 en Abegondo ante o CD Arenteiro.

Segundo partido de Mella

David Mella está citado pola selección española sub-15 para disputar 3 encontros internacionais nas instalacións de Pinatar Arena, sitas na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.

Hoxe sábado (13:00 horas), o canteirán deportivista encara o seu segundo encontro, coa República Checa como rival.

O primeiro deles foi o pasado xoves ante a República de Irlanda. O triunfo foi español (2-0), con Mella no once inicial. Foi relevado no descanso por Pol García, xa con 2-0 no marcador.

Así, o combinado nacional que prepara Julen Guerrero ten este calendario de partidos:

Xoves 30 de xaneiro
ESPAÑA 2 - REPÚBLICA DE IRLANDA 0

Sábado 1 de febreiro
13:00: REPÚBLICA CHECA - ESPAÑA

Luns 3 de febreiro
16:00: ESPAÑA - PAÍSES BAIXOS

Mella concentrouse con España o pasado luns 27 de xaneiro. O dianteiro deportivista, que suma 8 goles en 18 partidos disputados esta temporada en liga, será baixa obrigada co Cadete na súa visita ao Racing de Ferrol prevista para hoxe sábado 1 de febreiro (10:15, A Gándara 1).