RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Juan Rodríguez participou hoxe sábado no triunfo de España sub-18 ante Qatar

- Foto: @SeFutbol -

O xuvenil deportivista Juan Rodríguez está convocado pola selección española sub-18 para disputar 2 partidos amigables en Qatar, hoxe sábado 14 e o luns 16 de setembro.

Por este motivo, causará baixa co Xuvenil A no derbi xuvenil ante o RC Celta de mañá domingo 15 de setembro ás 17:00 horas en Abegondo.

Os encontros ante a selección qatarí xóganse no Aspire Stadium de Doha ás 19:30 hora local (18:30 en España).

Hoxe sábado, no primeiro dos amigables, Juan Rodríguez saíu ao campo desde o banco para certificar o triunfo hispano (0-1).

O canteirán branquiazul, que se concentrou co equipo nacional o pasado martes 10 de setembro, colle o testemuño do tamén canteirán deportivista David Mella, recentemente citado para uns adestramentos pero da selección española sub-15.