RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juanfran: A liña do equipo é magnífica. O equipo está a un nivel altísimo

Juanfran compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. Cre que o Espanyol, rival do Dépor este sábado 20 de febreiro en Cornellá - O Prat (18.15 horas, Canle + Liga / Abono Fútb

A pesar da diferenza clasifcatoria que actualmente hai entre os dous equipos (noveno o Dépor con 32 puntos e decimoséptimo o Espanyol con 22 puntos), asegura o lateral deportivista que "somos un equipo que sempre saímos coa mesma intensidade, coas mesmas ganas. Somos un equipo que se nos relaxamos non temos nada que facer. Entón temos que ir dalo todo e sobre todo porque non temos o obxectivo conseguido. O obxectivo é a permanencia e non está conseguida. Entón non podemos relaxarnos".

Sobre a súa traxectoria esta tempada, Juanfran recoñece que "o míster está a me dar confianza esta tempada. Iso nótase á hora de xogar, dáche moita tranquilidade, ese plus para poder facer as cousas ben. Pero non hai que relaxarse porque hai que seguir mellorando, seguir gozando desas oportunidades cada fin de semana".

Do encontro ante o Betis do pasado sábado, que supuxo o décimo cuarto empate para o Deportivo, subliña que "che vas cunha sensación de ser moi superior, de merecerche moito máis. Creo que hai que seguir nesa dinámica. Para min este pasado fin de semana, se non foi o mellor partido da tempada foi dos dous, tres mellores. Foi un auténtico vendaval de ocasións, de bo fútbol. Penalizáronnos de tres situacións en dúas. Hai que seguir nesta liña".

Recalca Juanfran que "a liña do equipo é magnífica. O equipo está a un nivel altísimo, moito máis do que todo o mundo esperaba. E seguir así e matar os partidos. E eses pequenos detalles que está a facer que non gañemos, pois tentar corrixilos".