RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juanfran cre que en Sevilla ''hai que ser intelixentes e xogar coa máxima concentración''

  Juanfran manifestó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que o Dépor dejó escapar o pasado luns ante a UD As Palmas "unha oportunidade de pechar a salvación, de estar salvados agora mesmo. Esta se

Achaca a derrota ante o conxunto grancanario a erros "puntuais e pequenos detalles que che levan a deixar pasar unha oportunidade moi boa". "Metéronnos tres goles e iso non ten escusa nin xustificación. O partido tiñámolo de face co 1-0, tiñamos oportunidades de facer o 2-0. Deixamos pasar unha ocasión moi boa e hai que darse conta que non hai que deixala pasar", recalca.

O lateral deportivista razoa que "a salvación non está conseguida, e ata que non estea conseguida perigo sempre hai. Pero hai 9 puntos por encima do descenso. Os equipos de descenso teñen que facer 9 puntos para chegar onde estamos nós e nós non temos que puntuar nada. Así que nós temos que centrarnos en nós mesmos, e esta semana hai que conseguir tres puntos de nove como sexa".
 
Sobre o encontro deste domingo 17 de abril no Ramón Sánchez Pizjuán (16.00 horas, Canle+ Liga / Abono Fútbol), opina Juanfran que "en todos os campos se debe saír a competir e en todos os campos débese saír a gañar".
 
Sostén que beneficia ao Dépor o feito de que o Sevilla se xogue mañá xoves o pase ás semifinais da Europa League: "vaino a notar. Vai ser un partido duro ante o Athletic. Mesmo pode haber prórroga e que o partido sexa longo e difícil. É o partido máis importante que teñen esta tempada. Claro que nos beneficia porque nós imos chegar máis frescos. É un partido que non podemos dar por perdido. Temos que tentar puntuar porque un punto, tres puntos achéganche moitísimo ao obxectivo".
 
Apunta Juanfran que será fundamental "ser intelixentes, ir coa máxima concentración e porlles as cousas moi complicadas". 
 
Confesa que "non significa nada para min" visitar o Sánchez Pizjuán: "O meu pasado (bético) pasado está grazas a deus. Xa está afastado. Estou aquí, son feliz e o especial sería poder gañar pola nosa afección, por conseguir o obxectivo, por afrontar unha semana con moita ilusión por gañar".