RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juanfran: Imos conseguir unha vitoria e celebralo coa nosa afección ao grande

Juanfran compareció ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. O lateral deportivista jugó o pasado sábado en Ipurúa por a banda izquerda, en sustitución de Fernando Navarro, que se cayó no queceme

Opina que o encontro deste domingo 1 de maio en Riazor ante o Xetafe (18.15, Canle + Liga / Abono Fútbol) "é moi importante. Chegamos a este tres últimas xornadas nunha posición perfecta para conseguir a permanencia, aínda que o refacho da segunda volta non é boa. Pero todo o mundo asinase esta situación a principios de tempada. Estamos sete puntos por encima do descenso a falta de nove. Imos conseguir unha vitoria e celebralo coa nosa afección ao grande".

Asegura Juanfran que este partido será o definitivo para lograr a salvación: "Deste partido non vai pasar. Estou seguro que o equipo vai facelo ben. A xente vai estar orgullosa do seu equipo e seguro que imos celebrar a permanencia". "Nós sabemos a importancia que ten e así hai que afrontalo", engade.

Na súa opinión, "fixemos unha primeira volta ilusionante, ao nivel do que ten que ser o Deportivo e o que se quere con este proxecto. E na segunda volta as cousas non saíron tan ben. Empezamos a segunda volta deixando pasar ou non conseguindo pechar partidos que tiñamos gañados. E entramos nunha mala serie moi complicada. Ao final non vai ser unha tempada brillante, porque brillante sería manter o ritmo da primeira volta. Pero se gañamos contra o Xetafe e conseguimos a permanencia dous partidos antes de que acabe a liga, o obxectivo que era a permanencia conseguiuse".

Recoñece iso si, que "esa ilusión que espertou o Deportivo na primeira volta non a puidemos manter. Víronse cousas moi boas. Na segunda volta non conseguimos manter ese ritmo. Pero é verdade que isto pinta ben, é un proxecto. As cousas hai que traballalas e aprender dos erros".

Ante a importancia do choque do Xetafe, aparca Juanfran calquera decisión sobre o seu futuro: "Non é o momento de falar individualmente de ninguén. É o momento do colectivo, do grupo, de conseguir vitorias. E cando acabe a tempada temos un mes e medio para falar. Oxalá que Juanfran póidase sentar o ano que vén aquí convosco e poida seguir no Deportivo".