RCD / NOVAS

Juanfran sofre unha lesión muscular de grao 1

10/04/2017 19:34

Juanfran foi sometido esta mañá a probas médicas complementarias para coñecer o alcance exacto das molestias que lle impediron acabar o partido do pasado sábado en Sevilla.

Os Servizos Médicos do Club diagnosticáronlle unha lesión muscular de grao 1 no semitendinoso dereito.

O lateral deportivista estará as próximas horas con tratamento médico e de fisioterapia. A súa evolución marcará o paso á fase de readaptación, previa ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Máis novas de: JUANFRAN

RCD / Noticias Relacionadas