RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juanfran vaticina un Real Madrid ''enrabietado'' en Riazor

Juanfran Moreno compareció en rolda de prensa en Abegondo, ao finalizar o adestramento desta mañana. Formado na canteira branca, recoñece non obstante que "xa non hai cosquilleo contra o Real Madrid. Atráeme moito más o derbi, qu

Cualificou o partido do Eibar como "fundamental pola semana que vén, porque vén o Real Madrid que é un gran equipo, que vai ser moi difícil puntuar pero imos pelexar por iso e porque logo temos creo que un dos dous partidos máis bonitos da tempada que é o derbi co Celta".

Do seu debut de titular co Deportivo o pasado luns en Ipurúa, Juanfran asegura que "me atopei ben. No minuto 80 notei un pouco o baixón físico pero é normal. Levaba moito tempo sen xogar por diante (do lateral); e atopeime mellor do que esperaba. Non esperaba aguantar tanto. Ao final optei por pedir o cambio e que entrase outro compañeiro porque xa non podía máis".