RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Juanfran ve ao persoal ''comprometido. Sabe o que nos xogamos''

  Juanfran compareció ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. Cualifica o partido deste luns 31 de outubro ante a Valencia CF (20.45, Bein Sports) como "importante e de moita necesidade para nós polas circunstan

Cre que ao equipo fíxolle "moito dano" a derrota ante o Leganés en Riazor. "Perdemos un pouco aí o rumbo do noso xogo. O día do Sporting estivemos ben. Non chegamos a ser o equipo tan sólido que eramos nas nosas primeiras xornadas. É recuperar esas bases de solidez e un equipo difícil".

Ve no vestiario á xente "comprometida. Sabe o que nos xogamos. Sabe que hai que romper a serie. Todos estamos doídos no orgullo porque a ninguén lle gusta perder e menos un derbi".
 
Asegura Juanfran que "temos un persoal para moito máis do que demos ata agora. Por agora non demos o nivel que podemos dar nós os xogadores. É normal que a xente... gástase o diñeiro, víveo, ten ilusión, é do Deportivo e ve que o seu equipo non gana. É lóxico que haxa enfado, runrún". "Temos que darlles alegrías no campo. Aí é onde temos que falar á afección, demostrarlle que pelexamos por este Club e estou seguro que hai equipo para moitísimo máis", engade.
 
Do próximo rival, a Valencia, o carrilero deportivista subliña que "ten grandes individualidades. Desde que cesaron a Nuno, ao equipo está a custarlle atopar a súa idea. É verdade que está agora máis xunto, máis intenso. Contra o Barcelona fixeron un grandísimo partido. No momento que engrase esas pezas vai ser un gran equipo. Pero nós temos necesidade e témolo que demostrar desde o primeiro minuto".
 
Sabe que o partido ante o conxunto che, "á afección gústalle que lle gañemos. Non é un derbi pero é un partido que lle ten ganas. Temos que tentar darlle alegría a eles e darnos alegría a nós".
 
Preguntado pola ausencia de Emre Çolak o pasado fin de semana en Vigo, sostén Juanfran que Gaizka Garitano "exponse polo ben do grupo nunha decisión que non é popular porque Çolak viña rendendo a un bo nivel. Por motivos internos o míster tomou unha decisión polo ben do grupo. Nós agradecémosllo neste aspecto. Pero o máis importante é o funcionamento do grupo. Non podemos facer que isto se nos vaia das mans". Iso si, deixou claro que "todos os xogadores, e eu o primeiro, equivocámonos durante o ano en adestramentos, temos días malos porque somos persoas. Çolak é un gran compañeiro, é un gran xogador, nós necesitámolo".