RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Kakuta entra nos plans da República Democrática do Congo para un amigable

O xogador do Deportivo Gaël Kakuta foi convocado pola súa selección, a República Democrática do Congo, para un partido amigable no vindeiro parón ligueiro. O choque está fixado o domingo 26 de marzo en Nairobi ante Kenia.

O futbolista branquiazul deberá incorporarse á concentración da Selección o luns 20 de marzo, tras #ONOSODERBI ante o RC Celta deste domingo 19 de marzo en Riazor (18:30, Bein Sports).

Emre Çolak, na antesala de Turquía

Emre Çolak foi preconvocado por Turquía para dous partidos este mes de marzo. O primeiro deles será o venres 24 de marzo ante Finlandia en Antalya (Turquía), clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018. O segundo choque será amigable, con Moldavia como rival, o luns 27 de marzo na cidade turca de Eskisehir.

O vindeiro venres 17, a Federación Turca fará pública a lista definitiva. En caso de ser citado, Emre Çolak deberá estar o luns 20 de marzo en Istambul.

Fayçal, preconvocado por Marrocos para dous amigables

Fayçal Fajr, que tivo unha destacada actuación na última edición da Copa de África, está na preconvocatoria de Marrocos para dous partidos amigables. Serán o venres 24 fronte a Burkina Faso; e o martes 28 ante Tunisia.

Nos próximos días, a Federación Marroquí de Fútbol fará pública a listaxe definitiva.

Celso Borges, na lista previa de Costa Rica

Celso Borges foi preconvocado pola súa selección nacional, Costa Rica, para dous partidos oficiais, correspondentes á eliminatoria pola zona CONCACAF para o Mundial de Rusia 2018.

Así, o venres 24 de marzo, Costa Rica visita a México, en Cidade de México; e catro días máis tarde, o martes 28, xogará ante Honduras en San Pedro Sula.

A convocatoria definitiva darase a coñecer este xoves 16 de marzo. En caso de estar entre os elixidos, Celso Borges tería que desprazarse ao seu país o luns 20 de marzo.