RCD / NOVAS

Kakuta, preseleccionado para unha concentración do RD Congo ao finalizar a liga

09/05/2017 19:52

A Federación Congoleña de Fútbol acaba de comunicar ao RC Deportivo a preselección do xogador branquiazul Gaël Kakuta para unha concentración do equipo nacional, que terá lugar a final deste mes en Marrakech (Marrocos). O obxectivo é o de preparar as próximas eliminatorias da Copa de África e a terceira eliminatoria clasificatoria para o Mundial de Rusia 2018.

Nos próximos días, os responsables federativos farán pública a lista definitiva así como as datas desta concentración e os posibles partidos amigables.

Na última cita do RD Congo o pasado mes de marzo, Kakuta foi titular en Kenia, e anotou ademais un bonito gol de lanzamento de falta directo, aínda que non puido evitar a derrota da selección congoleña (2-1).

Máis novas de: KAKUTA

RCD / Noticias Relacionadas