RCD / NOVAS

Kakuta ve todos os partidos que restan "como unha final"

11/04/2017 20:23

Kakuta, un dos futbolistas máis destacados o pasado sábado en Sevilla e autor dos dous goles do Dépor no partido, compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo.

Mostrouse a pesar de todo "non moi contento porque o resultado non foi bo. Si estou contento cos meus dous primeiros goles para o Dépor. Espero que veñan máis".

Asegura que non houbo "sentimento de desquite" polo seu pasado sevillista, equipo no que tivo pouca participación, posto que "estiven lesionado a maior parte do tempo". "Simplemente quería facer o mellor para conseguir o tres puntos no club no que estou", sostén.

Recoñece que eses dous goles "foron bos para a miña cabeza, pero nestes momentos o máis importante é o equipo e agora temos que centrarnos no seguinte partido".

Insiste en que a partir de agora, "todos os partidos son unha final. Temos que tentar lograr a puntuación máxima de aquí a final de temporada".

Explica que Pepe Mel, o técnico deportivista, pediulle que "goce, que fose eu mesmo, que dese o mellor de min, que axudase ao equipo como puidese".

Ve ao Dépor "traballando moito para mellorar e corrixir erros que cometemos nos últimos partidos. Oxalá esta fin de semana (ante o Málaga este sábado 15 de abril en Riazor, 13:00 horas, Bein Sports), podamos obter ese resultado. Non hai nada estraño, nada raro no vestiario".

Espera este sábado "un gran partido, un gran reto para conseguir eses puntos, para lograr os máximos posibles de aquí a final de temporada".

Admite que "concedemos goles e non podemos deixar que nos metan goles". Para evitar isto, pide "traballar día a día, corrixir os erros todos xuntos e adestrar como estamos a adestrar, como un equipo".

Sobre o seu futuro, Kakuta asegura estar "a gozar no Dépor. Estou a aprender moito. Gústame o Club, gústame a cidade. ¿Por que non seguir aquí?".

Máis novas de: KAKUTA

RCD / Noticias Relacionadas