RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Keko e Montero regresan á lista de convocados para recibir mañá en ABANCA-RIAZOR á SD Huesca

Keko, xa recuperado da súa lesión, é a novidade na lista de 24 xogadores convocados do RC Deportivo para o encontro de mañá domingo 5 de xullo (17:00 horas, #Vamos) ante a SD Huesca en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 38ª xornada en LaLiga SmartBank.

Tamén volve á citación o defensor Javi Montero, que se perdeu por sanción a visita do pasado martes ao CD Tenerife.

Quedan fóra da convocatoria por lesión, ademais de Somma, Uche e Peru Nolaskoain do que manifestou Fernando Vázquez en rolda de prensa que "a súa recuperación é lenta. Ten mesetas, algún día está ben, outro peor. Onte atopábase perfectamente, hoxe un pouco peor. Está claro que para Huesca non chega. Puñamos Málaga e a día de hoxe parece que está un pouco complicado". 

O que non se poderá sentar no banco será o propio técnico deportivista, sancionado con dous partidos por mor da súa expulsión no Heliodoro Rodríguez López. Explica neste sentido que mañá "o normal é que estea no palco, con David (Sánchez, analista do equipo). Considero que podo falar e podo gritar desde o palco. Sería suficiente. E se non é suficiente, teño a David que baixaría rapidamente a comunicarse co banco". Cre que este castigo é "dunha desproporción impresionante. É o que pasa. Os clubs queren que sexa así. Teoricamente hai que pensar que cometín unha pequena falta que pensei que era cartón amarelo e por esa pequena falta impídenme traballar, dirixir o partido o domingo. Non sei en que favorece isto ao fútbol", engade.

No adestramento desta mañá, após un quecemento con rondos, Fernando Vázquez dispuxo dunha tarefa de posesión e un partido para concluír, a tres cuartas partes do campo 3.

Após o choque ante a SD Huesca, o equipo adestrarase de novo o luns 6 de xullo ás 11:00 en Abegondo.