RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Keko: "Estamos motivados, ilusionados e coas cousas claras do obxectivo que temos que cumprir"

Keko Gontán pasouse hoxe mércores pola sala de prensa de Abegondo. 

Estas foron algunhas das súas frases.

Temas institucionais

"Persoalmente téntome manter á marxe das situacións externas. Céntrome no deportivo. Aos meus oídos no vestiario non chegou nada".

Ganas de xogar

"Teño moitas ganas, igual que cando vin. Nada máis empezar metémonos no confinamento e foi difícil. Agora tiven máis tempo para prepararme, para partir de cero cos meus compañeiros. Quizais isto me veña ben para partir de cero cos meus compañeiros e ter as mesmas oportunidades".

Estraña pretemporada en maio

"Vívoa con moitas ganas e moitísima motivación". 

"Estamos a meter 6 semanas de preparación en 2, están a meternos moitísima intensidade. O equipo creo que vai chegar sobradamente preparado".

Liga en dúas semanas

"Estou a desexar xogar ao fútbol. Gustoume non ter que parar. A situación vai ser estraña ao xogar sen público. Témonos que ir habituando a eses cambios".

Dureza desta pretemporada

"Están a meternos bastante intensidade. A idea do corpo técnico é que nós fisicamente non teñamos ningún problema en afrontar os partidos despois de estar dous meses parados. Van ser moitos partidos en poucas semanas e estámolo notando na carga física".

Sen público en ABANCA-RIAZOR

"Non estou preocupado especialmente porque nós tamén xogaremos de visitantes algúns partidos. Estaremos en igualdade de condicións. O máis difícil disto vai ser habituarse a xogar sen público, as sensacións..."

Primeira etapa no Dépor, antes do confinamento

"O do pouco protagonismo non o imos a negar. Estiven 5 partidos e xoguei 2 intres. Entendo que chegar no mercado invernal é difícil, os equipos xa están feitos. Nós estabamos nunha dinámica positiva e é difícil introducir xogadores. Agora partimos todos de cero e espero ter o protagonismo que viña buscando".

Confinamento na Coruña

"Dediqueime a ser profesor, pai, cantaxogos, amigo, a facer todo. Estivemos cos nenos sen colexio e coas 24 horas case destinadas para eles. Estivemos os 4 en casa, a miña muller e os meus 2 fillos; e demándanche atención. Hai que manter tamén a disciplina, non pode ser xogar, xogar e xogar. A iso dedicámonos a miña muller e eu".

Once finais xa desde o primeiro día

"O Dépor ten que saír do descenso o máis rápido posible. Despois deste parón os 2 ou 3 primeiros partidos van ser clave para marcar os 8 restantes, sobre todo a nivel de confianza e sensacións. Son moitos partidos en pouco tempo, non sabes o que os futbolistas van poder aguantar. Nos primeiros partidos hai que deixar o traballo feito".

Estado dos equipos con poucos adestramentos en grupo

"Nós facémonos esa pregunta porque aínda que a nivel físico cheguemos ben, imos ter pouco tempo para traballar o equipo enteiro. É unha incógnita que temos todos".

Estado físico dos xogadores

"Para o tempo que estivemos parados, moito máis que en calquera época de vacacións, estamos bastante ben. A xente veu moi ben de peso, o traballo está a cumprirse, están a cumprirse as expectativas. O Club e nós podemos estar satisfeitos". 

Conversación con Fernando Vázquez

"Non falou especialmente comigo, de momento".

Campionato novo nos últimos 11 partidos

"É un caso excepcional a nivel mundial e non se que vai pasar, como van reaccionar os xogadores. É unha incógnita que temos todos".

"A nivel de grupo estamos motivados, ilusionados e coas cousas claras do obxectivo que temos que cumprir en 11 partidos".

Mujaid

"Fixémonos as probas e parece ser que 'Muja' pasouno e está totalmente san, do mesmo xeito que os demais. É unha cousa normal, como o que pasou calquera outra enfermidade e está san".

Situación do Málaga, o seu exequipo

"Dáme bastante pena que un club como o Málaga, que para min é un dos grandes deste país, estea a atravesar esta situación. Deséxolles o mellor porque alí deixei amigos e hai xente que non o merece. Que teña moita sorte".