Keko Gontán sofre unha sobrecarga na musculatura isquiotibial
As probas médicas realizadas a Keko Gontán revelan que sofre unha sobrecarga na musculatura isquiotibial da súa perna dereita.
O atacante deportivista estará nos próximos días con tratamento médico, de fisioterapia e adestramento específico ata que a súa evolución lle permita incorporarse ao traballo de grupo.