RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Keko: "Hai unha unión moi bonita e iso fai que esteamos todos involucrados nun mesmo obxectivo"

Nada máis recoller o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do mes de outubro, Keko Gontán fixo ante os medios de comunicación "un balance positivo" do que vai de temporada "por como estamos na clasificación e os puntos que sacamos. A todos gustaríanos estar a ter outras sensacións futbolísticas no campo pero a día de hoxe quédome cos puntos, coa clasificación. É o positivo. Somos os primeiros que queremos ir a máis e ter outras sensacións no campo pero este ano o importante é sacar os puntos e conseguir o obxectivo".

Cre que este parón ligueiro vén "seguro que ben a nivel físico e a nivel mental". De todos os xeitos, advirte que "o próximo partido contra o CD Guijuelo diranos que tal veu o parón".

Asegura que "a mentalidade deste corpo técnico é traballar moito, é chegar moi preparados aos partidos e a final de temporada, onde nos imos a xogar todo. Agora mesmo séguese metendo bastante carga de traballo. Nós non poñemos en cuestión. Somos un equipo moi obediente e facemos o que nos mandan".

Keko confesa estar "feliz sobre todo porque no grupo estou moi cómodo, moi contento. Somos un grupo moi unido, moi bonito. Hai unha unión moi bonita e iso fai que todos esteamos a gusto, involucrados nun mesmo obxectivo. Iso facilita para que a xente renda no campo".

O atacante deportivista considérase "adaptado a Segunda B desde o primeiro día que xogamos contra o Salamanca. Cando quedamos aquí todos asumimos rápido que xa estabamos en Segunda B e eramos xogadores de Segunda B. O tema é ir vendo como funciona a categoría. Para iso estannos servindo eses partidos. Démonos conta desde o primeiro día que non hai rival pequeno, que todos os partidos van ser moi complicados de gañar e que cada vitoria hai que celebrala coma se fose un título".