RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RSC

Kika e Gaby fixeron o saque de honra da IV Liga Social Ciudad de A Coruña - RC Deportivo

Esta tarde púxose en marcha a cuarta edición da Liga Social Ciudad de A Coruña, na que as xogadoras venezolanas do Deportivo ABANCA Kika Moreno e Gaby García exerceron de madriñas da competición.

A competición, que se desenvolverá ata o 3 de xuño de 2018, arrancou hoxe luns, co encontro entre Padre Rubinos e Accem. Ás 16:00 horas, o Pavillón de Cocheras (Los Rosales) acolleu o encontro inaugural, cuxo saque de honra realizaron as xogadoras deportivistas Kika e Gaby.

Este ano súmanse ao proxecto 9 entidades sociais da cidade da Coruña. Esta cuarta edición, coordinada desde a Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, que en 2018 cumprirá 100 anos de existencia, conta coa colaboración, un ano máis, do Concello da Coruña e o Real Club Deportivo.

Os equipos participantes serán os correspondentes ás seguintes entidades sociais: Aspronaga, Adcor, Ápem, Fundación Secretariado Gitano, Cáritas Diocesana de Santiago, CASCO, Aclad, Accem e Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos.