RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Koke asegura que o equipo non acusará o golpe e apunta que "vémonos fortes para o xoves" en liga

Koke Vegas pasou pola zona mixta das Pistas do Helmántico de Salamanca.

O meta deportivista viu un partido entre Unionistas e Deportivo "disputado. Os dous equipos competiron de ti a ti en todo momento. Houbo fases nas que nós tivemos máis posesión e as ocasións. Noutras o tiveron eles. Ao final a lotaría dos penaltis decantouse para eles".

Recoñece que o vestiario está "triste" pola eliminación copeira porque "ao final é perder un partido, saír dunha competición. Hai tan bo grupo que todos sabemos que é unha competición moi interesante para os que poidan ter menos minutos".

A pesar do resultado, asegura que "vémonos fortes para o xoves. Independentemente de que saias derrotado en Copa, o equipo competiu moi ben, sentiuse a gusto en moitas fases do partido, tivo as súas ocasións, o pau... Ao final te quedas fóra por uns penaltis. que xa sabemos a lotaría que é".

Márchase cunha sensación "agridoce. Contento co meu partido a nivel individual. Despois de estar tempo sen competir, saír e estar a bo nivel como o resto do equipo... Pois moi satisfeito. Pero triste pola eliminación. A min a nivel individual complícaseme máis de cara a sumar máis minutos".

Na quenda de penaltis, lamentou especialmente que o primeiro, lanzado por Góngora, "bótame xusto diante porque chegara fenomenal. Cousas que pasan en fútbol".

Insiste en que é "un pau" quedar apeado da Copa porque "é a competición na que estaba a ter oportunidade de gozar de minutos e demostrarlle ao míster que tamén estou preparado. A partir de aí, metido 100 % en liga e en reverter esta situación. A competencia con Dani (Giménez) é moi sa e ao final loitamos polo mesmo obxectivo. Síntome preparado para xogar este xoves, se fixese falta".

Con este mercado de inverno, Koke Vegas subliña que queda no Deportivo "a pelexar por un posto. Estou preparado e capacitado para estar na portería do Dépor. Se eu crese que é imposible, buscaría unha saída. Non teño intención de saír, teño moitas ganas de pelexar e síntome forte para iso".

Conclúe que o choque de hoxe nas Pistas do Helmántico "reafírmame a min. Estou preparado. Téñoo claro desde que cheguei".