RCD / NOVAS

Krohn-Dehli e Quique González, tocados, non están dispoñibles para José Luis Martí

31/05/2019 12:48

Krohn-Dehli e Quique González son os dous únicos futbolistas á marxe do grupo por temas médicos, ademais de Iñigo López, ausente na Cidade Deportiva.

Tanto o danés como o dianteiro valisoletano son baixa por lesión de cara ao encontro deste domingo 2 de xuño no Estadio Martínez Valero ante o Elche CF (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV).

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista: