RCD / NOVAS

La Peña Deportivista Don Bosco Pepe Guillín premia a Dani Giménez

28/01/2020 22:25

A peña deportivista Don Bosco Pepe Guillín distinguiu esta tarde ao meta Dani Giménez pola súa traxectoria profesional nun acto que tivo lugar no Colexio Salesianos da Coruña. Pepe Guillín, ex Conselleiro do Club, leva toda a súa vida vinculado ao deporte coruñés, co Español, o Fabril, o Deportivo e o Hockey Club Liceo, entre outros.

Cada ano, a agrupación deportivista que leva o seu nome e que el mesmo preside, premia a traxectoria profesional dun xogador do Real Club Deportivo. Este ano, o galardón recaeu no porteiro galego, que foi un dos mellores xogadores a temporada 2018-19, tal e como foi recoñecido por afeccionados (Xogador Estrella Galicia), medios de comunicación (DxT Campeón, Radio Marca, Riazor.org...), a Federación de Peñas ou diferentes agrupacións branquiazuis, por exemplo a Peña Rebumbio.

Máis novas de: DANI GIMÉNEZ