RCD / NOVAS

Ladival colabora coa protección dos xogadores do XIV Torneo Real Club Deportivo

17/05/2017 14:05

Ladival sumouse esta temporada ao grupo de marcas colaboradoras do Torneo Real Club Deportivo coa protección da pel dos xogadores participantes. Os futbolistas que disputaron a XIV edición do Torneo recibiron unha mostra de crema protección 50+ con Vitamina E e aceites nutrientes, moi resistente á auga, ideal para actividades de verán ou para días como o de hoxe en Abegondo, con choivas intermitentes pero nos que é recomendable levar fotoprotección, como sempre que se realiza deporte ao aire libre.

Grazas á colaboración da Farmacia Labañou, os adestradores, delegados e membros da organización puideron levar a cabo a concienciación dos máis pequenos á hora de utilizar cremas de protección solar, unha mensaxe reforzada polos consellos que Ladival distribuíu nos máis de 3.000 folletos con mostras de crema de Ladival Nenos e peles atópicas xunto ás aventuras de Lea&Tom que se poden descubrir en www.ladival.es

Deste xeito, a marca de cremas solares dos laboratorios Stada únese ao resto de partners do Dépor (Cabreiroá, Lotto, Coca-Cola e Gadis) que cada ano contribúen a mellorar o Torneo Real Club Deportivo.