RCD / NOVAS

LaLiga acorda a suspensión da competición

12/03/2020 12:10

LaLiga fixo público ás 12:08 h. o seguinte comunicado:

"Ante as circunstancias coñecidas esta mañá, referidas á corentena establecida no Real Madrid e os posibles positivos en xogadores doutros clubs, LaLiga considera que se dan xa as circustancias para que se siga coa seguinte fase do protocolo de actuación contra o COVID- 19.

En consecuencia, de acordo coas medidas establecidas no Real Decreto 664/1997 de 12 de maio, acorda a suspensión, polo menos, das dúas próximas xornadas.

Dita decisión será reevaluada após a finalización das corentenas decretadas nos clubs afectados e doutras posibles situacións que puidesen darse. LaLiga, como organizadora da competición, procedeu a comunicalo á RFEF, ao CSD e aos Clubs".