RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lassad e Gardado, tamén citados polas súas respectivas Seleccións Nacionais

O Real Club Deportivo recibió oficialmente as convocatorias de Andrés Gardado por México e de Lassad por Túnez, neste caso trátase dunha preconvocatoria pendente de confirmación nos próximos días.

Así, a Selección Mexicana medirase ao Salvador o sábado 10 de outubro en Cidade de México e visitará Trinidad e Tobago o mércores 14 de outubro. Ambos os encontros son clasificatorios para o Mundial de Sudáfrica 2010.

Pola súa banda, Tunes, con Lassad entre os preconvocados, recibirá a Kenya o domingo 11 de outubro (partido clasificatorio para o Mundial 2010) e tamén xogará ante Arabia Saudita o mércores 14 nun encontro amigable.


A pasada semana, o deportivista Filipe foi convocado pola Selección de Brasil para disputar dous encontros clasificatorios para o Mundial de Sudáfrica 2010: na Paz fronte a Bolivia o 11 de outubro e ante Venezuela na cidade brasileira de Campo Grande o mércores 14. O lateral zurdo branquiazul viaxará tras o encontro de Tenerife.

Tamén foi preconvocado Ze Castro polo Seleccionador de Portugal, Carlos Queiroz, para dous partidos clasificatorios para o Mundial de Sudáfrica 2010: o sábado 10 de outubro en Lisboa ante Hungría e o mércores 14 de outubro fronte a Malta en Guimaraes. O vindeiro xoves 1 de outubro, o cadro técnico luso dará a lista de convocados definitiva.