RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Laura Fernández continuará outra temporada no Dépor ABANCA

Laura María Fernández Borge (Medina de Rioseco, Valladolid, 12 de abril de 1992) ampliou o seu compromiso co Deportivo ABANCA por unha temporada máis.

No seu primeiro curso nas filas branquiazuis, Laura participou en 22 partidos: 20 (11 como titular) en Reto Iberdrola, 1 de playout e 1 de Copa da Raíña, nos que totalizou 6 goles, todos no campionato ligueiro.

A dianteira valisoletana conta cunha ampla experiencia na máxima categoría nacional, na que disputou 85 partidos e marcou 11 goles ao longo de 7 temporadas nas que, ademais, puido celebrar a conquista de dúas Ligas.

Despois de xogar no Juventud Rondilla (2008-2009), debutou na máxima categoría co Real Valladolid (2009-2011), antes de abandonar momentaneamente o fútbol once. Laura uniuse ao Valladolid Fútbol Sala Feminino, co que xogou dúas campañas na Primeira División desa disciplina (2011-2013).

Laura volveu ao verde en 2013 co CD Parquesol de Valladolid e, após dúas campañas, asinou polo Atlético de Madrid para a Temporada 2015-2016. Ese curso disputouno co equipo B, co que anotou 14 goles, pero ao seguinte incorporouse ao primeiro cadro, na que militou dúas temporadas (2016-2018). Neses dous anos Laura formou parte do cadro que conquistou dúas Ligas.

Dous cursos no Madrid CFF (2018-2020) e un no RCD Espanyol (2020-2021) pechan o curriculum de Laura Fernández.

Con esta oitava renovación, o cadro do Deportivo ABANCA 2022-2023 atópase da seguinte maneira: Yohana e Lucía Alba (porteiras), Inés Altamira, Raquel García, Patri López, Cris Martínez (defensas), Paula Gutiérrez, Carlota Sánchez, Eva Dios, Letti (centrocampistas), Ainhoa Marín, Aroa, Laura Fernández, Carlota Suárez, Millene e Marta Charle (dianteiras).