RCD / NOVAS

Laura Vázquez, operada con éxito do seu xeonllo esquerdo

04/03/2020 23:21

A futbolista do Deportivo ABANCA, Laura Vázquez, foi sometida hoxe mércores 4 de marzo a unha artroscopia, co obxecto de reparar unha rotura de menisco do seu xeonllo esquerdo.

A intervención, completada con éxito, tivo lugar no Hospital Quironsalud A Coruña a cargo do traumatólogo Juan Trobajo.

Laura permanecerá esta noite ingresada no citado centro médico e mañá xoves recibirá o alta hospitalaria.